gototopgototop

Ugacomar

OstraA Unión de Cooperativas do Mar de Galicia – UGACOMAR é unha organización autónoma sen ánimo de lucro, que é parte do asociacionismo cooperativo galego, e o seu ámbito territorial é a Comunidade Autónoma de Galicia. Constituida en 2008, asocia a cooperativas do mar integradas por titulares de explotacións e profesionais adicados a actividades pesqueiras, marisqueiras, acuicultura e derivadas. Ditas cooperativas pretenden prestar e subministrar servizos para a mellora económica e técnica das actividades profesionais e das explotacións das súas socias. Na altura da súa constitución asocia a seis cooperativas que aglutinan a un total de 850 socios/as e facturan un total de 13.700.000,00 €.

O obxecto social da Unión constitúeo a defensa dos intereses comúns de todas as cooperativas e os seus socios agrupados nas ramas ou sectores que se poidan no futuro acordar, formados por Sociedades Cooperativas do Mar da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto nas súas relacións coa Administración Pública como nas particulares, asi como o fomento do Cooperativismo do Mar mediante a prestación aos seus membros dos servizos que soliciten. Asimesmo e con carácter xeral, a promoción do cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, o acordo de políticas e criterios en torno ó cooperativismo, e o aumento do nivel profesional e humano do sector.

De forma específica, os fins da Unión son os seguintes:

  1. Fomentar a intercooperación entre as Cooperativas do Mar e con outras organizacións cooperativas e da economía social.
  2. Coordenar actividades entre as cooperativas asociadas.
  3. Fomentar a constitución de novas cooperativas do mar, así como a xestión de concentración de actividades cooperativas.
  4. Fomentar o cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social perante a sociedade galega.
  5. Participar en proxectos de desenvolvemento económico, social e cooperativo.
  6. Asociarse en Federacións ou Asociacións de ámbito superior.
  7. Promover a mellora na organización e xestión das cooperativas do mar, facilitando servizos de asesoramento, de verificación de contas e auditorías, de asistencia xurídica e técnica, así como aquelosoutros servicios de xestión que sexan convenientes ou necesarios para os seus membros.
  8. Desenvolver actividades de formación, información e promoción.
  9. Representar e defender os intereses das cooperativas asociadas perante entidades públicas e privadas de calquera ámbito nos planos económico, social, legal, político, etc. E realizar tódalas actuacións que estime pertinentes, ou que lle sexan confiadas expresamente polas cooperativas asociadas, mesmo o exercicio de accións xudiciais de calquera natureza ante toda clase de Autoridades e Organismos.
  10. Promover e fomentar actividades de comercialización, I+D+i, financeiras, etc. conxuntas que redunden en beneficio dos seus membros.
  11. Realizar mediacións e conciliacións e exercer calquera actividade de natureza análoga.
  12. Levar a cabo actuacións de conciliación e arbitraxe entre as cooperativas asociadas ou entre estas e os seus respectivos socios en caso de conflito.
  13. Calquera outra actividade ou servizo de natureza análoga.
  14. Asimesmo, será obxecto da Unión participar efectivamente nas Institucións e Organismos da Administración e Sectoriais que teñan relación co cooperativismo do mar en orde ao perfeccionamento do rexime legal, regulación de institucións do ordenamento socio-económico, e outras materias que poidan afectar ao Cooperativismo do Mar.
  15. Tamén estimulará as relacións intercooperativas en tódalas súas modalidades, tanto de natureza instituciónal como empresarial, especialmente coas que actúen no ámbito marítimo-pesqueiro.

Os obxectivos prioritarios a acader pola Unión no primeiro ano de funcionamento serán:

  1. Integrar a cooperativas do mar interesadas en participar no proxecto
  2. Elaborar o plano estratéxico e de xestión da Unión
  3. Presentar de forma pública á Unión