Artesanos do Mar

Logo Aretesanos do MarArtesanos do Mar, S. Coop. Galega

R/ Donato Bernárdez, s/n entresollado 1º-2º

O Rosal - Moaña

Telfs: 986 315 570 / 651 467 753

E-mail: artesanosdomar@gmail.com

Persona de Contacto:Xulián Ferradás

Cargo: Gerente/Director/Presidente

 

 

Recolección e comercialización directa de productos marisqueiros frescos galegos

A Sociedade Cooperativa Galega Artesáns do Mar é unha empresa dedicada á recolección e comercialización directa de produtos marisqueiros e pesqueiros frescos exclusivamente galegos. Nace no ano 2006 grazas ao carácter innovador e emprendedor de catro novos recolectores submarinos galegos, con máis de dez anos de experiencia no sector pesqueiro e marisqueiro, como resposta a unha sociedade cada vez máis esixente coa calidade de marisco e o respecto ao medio ambiente, e coa misión de trasladar o mellor da esencia e sabores dos produtos das Rías Galegas ás mesas de quen aprecien a calidade e saúde.

Diferenciámonos do resto de empresas do sector grazas á idea innovadora de comercializar nosas propias capturas, complementadas con produtos altamente seleccionados nas mellores lonxas galegas.

A cooperativa nace co obxetivo de fechar o ciclo empresarial comercializando de forma directa os seus produtos, de tal forma que o valor engadido dos produtos fique en mans dos/as produtores/as e non dos/ as intermediarios/as comerciais como está a acontecer nesta altura. Coa venda directa tamén conseguimos diminuir o prezo que asume o/a consumidor/a final e asi enviamos aos nosos/as clientes un produto de máxima calidade e frescura.

A filosofía da nosa empresa esta baseada en ofrecer un servizo e un produto de máxima calidade, ficando a sua trazabilidade garantida dende a sua recolección nas Rías Galegas mediante técnicas de pesca artesanais e sustentables, facendo un seguimento continuo da sua coidadosa e exixente manipulación e selección, ata a sua distribución ao consumidor/a final.