Artesáns da Pesca

artesáns da pescaArtesáns da Pesca Sociedade Cooperativa Galega

Porto pesqueiro, local 7

15960 Ribeira - A Coruña

Tel./Fax: 981 872 969

E-mail: info@artesansdapesca.com

Web: www.artesansdapesca.com

 

 

Embarcacións de pesca artesanal

Do respecto polo mar, as súas distintas formas de vida e do traballo da xente que día a día sae a faenar nace Artesáns da Pesca S.Coop. Galega. Constituída no 2009 esta cooperativa está composta por embarcacións de pesca artesanal con base en diferentes portos galegos.

O esforzo das persoas socias da cooperativa por conservar a riqueza e a calidade das nosas augas mediante unha pesca artesanal, responsable e sostible, e o afán de ofrecer un servizo de calidade á clientela e o seu selo diferenciador.

Debido á diversidade das artes da pesca que empregan as socias desta cooperativa, Artesáns da Pesca comercializa unha amplia variedade de produtos propios, garantindo en todos eles o enorme valor da frescura e a súa orixe galega.