Historia

Constituída a Primeira Unión Galega de Cooperativas do Mar, con 800 socios e 14, 6 millóns de euros de facturación.

15/02/2008

mejillonesUn total de seis entidades teñen ultimada as xestións para poñer en marcha a primeira Unión Galega de Cooperativas do Mar “UGACOMAR”, unha iniciativa pioneira en Galicia, que nace con mais de 800 socios, 40 persoas asalariadas e unha facturación conxunta de 14,6 millóns de euros. As cooperativas constituíntes son: Amegrove, S. Coop. Galega, Ría de Arousa S. Coop. Galega, Mar do Morrazo S. Coop. Galega, Cíes Artesanais S. Coop. Galega, Artesanos do Mar S. Coop. Galega e Samertolameu S. Coop. Galega.

Son cooperativas dedicadas á pesca de baixura, o marisqueo, a produción de mexillón e a faena coa arte de nasas, que se uniron para lograr representación a nivel oficial e sectorial, ademais de fomentar as relacións en sentido horizontal. Por iso, pretenden participar non só en órganos como o Consello Galego de Pesca e facer achegas á Lei Galega de Pesca, senón tamén contribuír á formación do persoal e a investigación no sector marítimo-pesqueiro.

Tras a constitución formal de Ugacomar o pasado xaneiro, os seus representantes confían en que no prazo dun mes se inscriba no Rexistro de Cooperativas, para iniciar a súa actividade; comezará cunha xornada de presentación -prevista en Pontevedra ou Santiago- para darse a coñecer ao sector e ás Consellerías de Pesca e Traballo.

Entre os trámites inmediatos tamén figura a adhesión de Ugacomar á Federación de Cooperativas Sinerxia e, posiblemente, á Unión Nacional de Cooperativas do Mar.

 

 

Almejas

Primeira Calidade

En declaracións a Europa Press, o presidente de Sinerxia, Constantino Gago, destacou que o produto cooperativo é de "primerísima calidade", razón pola cal as cooperativas de Ugacomar pretenden darse a coñecer no mercado. Así, participarán en salóns gastronómicos e feiras de alimentación coa finalidade de "visibilizar" a súa oferta aos consumidores.

Constantino Gago destacou o carácter "produtivo" das cooperativas que forman Ugacomar, fronte ás cooperativas "de servizos" -fundamentalmente empresas armadoras- que abundan no sector pesqueiro. Ademais, sinalou que hai dúas entidades máis interesadas en sumarse ao proxecto e que, entre todas, poden "ter o peso específico" doutras fórmulas cooperativas galegas.

Así, referiuse a cooperativas do ámbito agrario que, como Feiraco, Martín Códax ou Vitivinícola do Ribeiro, representan espellos nos que mirarse á hora de trazar futuras liñas de actuación.

Tampouco descartan adherirse á marca 'Pesca de Rías' que promove a Consellería de Pesca e, en calquera caso, como sinalou Gago, "aproveitar as canles de comercialización" abertas en cada cooperativa.

Desta forma, as estratexias de mercado das que se valen unhas cooperativas tamén poden facerse extensibles ás demais, o que redunda en "aproveitar as sinerxías", engadiu Constantino Gago.

En canto ás principais preocupacións de Ugacomar en relación á situación dos recursos produtivos, o presidente de Sinerxia apuntou á contaminación, a degradación do medio, os efectos da mortaldade de especies, as riadas ou as verteduras.

Por outra banda, tamén expresou o seu interese en fomentar que estas cooperativas cheguen "directamente ao consumidor para evitar a entrada de entidades superpostas que fan que o valor engadido dos produtos quede en mans dos intermediarios

 

http://www.europapress.es/00247/20080206165307/pesca-constituida-primera-union-gallega-cooperativas-mar-800-socios-146-millones-facturacion.html