gototopgototop

Amegrove

Logo AmegroveAmegrove, S. Coop. Galega Ltda.

Porto Meloxo, 138 36989 O Grove - Pontevedra

Telfs: 986 731 050 / 986 731 810 / 986 731 999

Fax: 986 732 410

E-mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Web: www.amegrove.es

 

 

Cultivo e comercialización por xunto de mexillón

Somos unha cooperativa baseada nun minifundio de pequenas explotacións de ámbito familiar e adicada ao cultivo e a comercialización do mexillón. Actividade que se reflicte tanto na venda á propia cooperativa, coma na venda a outras depuradoras.

A cooperativa está formada por 360 socios/as, que son concesionarios/as dun total de 357 viveiros flotantes adicados ao cultivo do mexillón. Creada no ano 1977 coma Asociación de Produtores de Mexillón, e transformándose no ano 1987 en Sociedade Cooperativa Limitada ao adquirir coma propiedade o Centro de Depuración que posúe.un

Ao longo de todos estes anos a actividade principal de Amegrove foi o cultivo e a comercialización do mexillón das Rías Baixas en fresco, mais intentando establecer novas vías para camiñar no futuro e para garantirlle aos seus clientes a calidade dos seus produtos, marcando pautas á hora de esixir tanto na calidade como no servizo, responsabilizando, implicando e concienciando para elo de forma diaria ao/á socio/a cooperativista, de xeito que se sinta involucrado/a dende o inicio ata o final da cadea produtiva e comercilizadora. Proba delo é a garantía total de trazabilidade do produto dende a recolección da semente de mexillón na batea ata a chegada ao/á consumidor/a final, respondendo deste xeito tanto da calidade como da garantía sanitaria, certificada esta última polo seu propio laboratorio (Laboratioiro Mytilus) no cal conta tanto con persoal formado de forma suficiente como con experiencia profesional neste ámbito.

A cooperativa pretende diferenciarse a respecto doutras empresas do sector a través duns produtos e servizos de calidade coa procura da sustentabilidade e a responsabilidade na pesca; garantindo a total información sobre a trazabilidade dos produtos desde a pesca á venda á persoa consumidora e dignificando a profesión de mariscador.

Consecuencia directa desta preocupación e esforzo foi a obtención do Certificado de Calidade da Unión Europea UNE-EN-ISO-9002 e a creación da empresa FRIGOAMEGROVE, S.L., empresa destinada á comercialización do produto conxelado, pasteurizado e cocido.