gototopgototop

Cíes Artesanais

Logo Cíes ArtesanaisCíes Artesanais, S. Coop. Galega

R/ Ave do Mar Portal 14-15 2º A - Urbanización O Rosal

36950 Moaña

Telfs: 986 228 326 / 653 750 683

E-mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

Persona de contacto: Francisco J. Martínez (Asistencia técnica) / Juan José Martínez Trigo (Presidente)

 

 

Extración e comercialización por xunto de produtos pesqueiros e marisqueiros

Esta cooperativa de servizos do mar é produto da fusión das cooperativas Sociedade Cooperativa Galega Illas Cíes, adicada a marisqueo a flote, e Naseiros S.Coop.Galega, adicada á pesca extractiva. Esta fusión prodúcese en 2006, logo dunha traxectoria de cooperación anterior desde os anos oitenta do século vinte.

A cooperativa está composta por oitenta socios/as adicados/as á pesca extractiva na Ría de Vigo, sendo propietarios/as de embarcacións de artes menores.

O obxectivo fundamental da cooperativa é o de defender os intereses dos/as seus/suas socios/as no ámbito representativo, produtivo, comercial e social. Neste último ámbito cumpre destacar o papel activo da cooperativa na organización da Festa do Naseiro.

 

As principais especies que comercializa a cooperativa son a nécora, o polbo, a ameixa e o camarón.

Data de creación: 12/01/1998

Nº de socios: 80

Área de influencia: Ría de Vigo

Facturación: 2.000.000 €