gototopgototop

Samertolameu

Logo SamertolameuSamertolameu, S. Coop. Galega

Urbanización O Rosal Portal 9 Entresollado Local 6

36950 Moaña

Telf: 986 314 002

E-mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

 

Cultivo e comercialización por xunto de ameixa e ostra

Samertolameu é unha cooperativa integrada por pescadores que traballan no litoral galego, concretamente en Moaña. Adícanse, entroutras artes, á pesca de polbo con nasas.

Esta cooperativa no seu labor na acuicultura, forma parte dun proxecto experimental de semicultivo intensivo en bateas de polbo dende o ano 1998.

Dispón dunha batea ubicada na Ría de Vigo na cadrícula nº 87 do polígono de Cangas. Nesta batea é onde son introducidos aqueles exemplares cun tamaño axeitado para o seu proceso de engorde e que proporcionan os propios mariñeiros da cooperativa.

A duración dos ensaios de engorde do polbo é duns 100 días aproximadamente. Logo, os exemplares son levados á lonxa onde se poñen á venda.

Por ter unha referencia, a cantidade de polbo introducido na batea para o proxecto ascendeu en 2008 a 9.500 kg, e a producción obtida foi de 14.500 kg.