Ría de Arosa

Logo Ría de ArosaSociedad Cooperativa Gallega Ría de Arosa

Lugar de Portomouro s/n – Abanqueiro

15938 Boiro - A Coruña

Telfs: 981 847 765

Fax: 981 847 393

E-mail: coopriarosa1@telefonica.net

Reconocida ca certificación MSC

 

 

Cultivo e comercialización por xunto de ameixa e ostra

A única cooperativa de mariscadores/as a pé de Galicia foi fundada no ano 1973 por 181 socios/as. Despois de 35 anos demostra que a cooperativa é unha fórmula viable para promover a mudanza dun marisqueo tradicional á autoxestión que permita acadar o rendemento por metro cadrado máis alto de Galicia.

Explota unha autorización administrativa de case 33.000 metros cadrados e conta cun total de 417 socios/ as. En 1996 pon en marcha unha hatchery de ameixa e ostra para producir ameixa autóctona. Nesta altura está a desenvolver un proxecto de cetarea e centro de expedición, co fin de vender de forma directa ás suas clientes sen pasar polo punto de venda autorizado (lonxa).

Dentro da liña de innovación que sempre caracterizou a Ría de Arosa, a entidade comezou no ano 2007 o estudo da súa Autorización Administrativa de cara a consecución, nas próximas datas, do estándar medioambiental - certificación de pesca sostible do MSC. Esta certificación permitirá canalizar a súa produción ata o consumidor final baixo a eco etiqueta de Marine Stewardship Council (4.896 produtos e 500 millóns de artigos a nivel mundial que supoñen o 12% das capturas globais).

 

fotos